O Cermi Galicia adhire á ILP “contra o copagamento confiscatorio”

non-copagamento

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) iniciou a recollida de 500.000 sinaturas que avalen a súa petición de reforma da Lei de Dependencia.

O Comité de entidades de Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI Galicia) adhire á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) posta en marcha polo CERMI Estatal para modificar a Lei de Dependencia e establecer criterios claros e xustos en relación coa capacidade económica e coa participación no custo das prestacións por parte das persoas beneficiarias.

O CERMI Galicia apoia a campaña “Afirma os teus dereitos, asina contra o copagamento confiscatorio” do CERMI Estatal, que facendo un chamamento á sociedade no seu conxunto, iniciou a recollida de 500.000 firmas para levar este cambio legal ao Congreso dos Deputados para o seu posterior debate e aprobación.

A proposta do CERMI inclúe medidas como a exención do copagamento aos que perciban menos de 1.331 euros ou fixar unha achega máxima por persoa que non sexa superior ao 60% do custo do servizo ao que accede. Ademais, propón que se garanta á persoa  dependente unha cantidade para destinar gastos persoais que non sexa inferior ao 40% da  súa capacidade económica.

Esta iniciativa do CERMI pretende tamén eliminar as diferenzas existentes na achega por parte dos usuarios do sistema de dependencia entre as diferentes comunidades autónomas.

Segundo cifras oficiais nos anos da crise (entre 2009 e 2013) a media da cantidade que achegan os usuarios polas axudas que reciben disparárase nun 68%, dende 960 euros a

Se queres apoiar esta campaña e tes certificado dixital, podes ASINAR AQUÍ.

Consulta aquí o texto da ILP: ILP para a reforma da Lei de Dependencia

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s