ADACE pide unha unidade de ictus para o HULA

ictus

A Asociación de Dano Cerebral de Lugo destaca que a detección precoz é clave para que os pacientes sobrevivan e se recuperen.

Información e imaxe extraídas de La Voz de Galicia.

A Asociación de Dano Cerebral Adquirido (Adace Lugo) reclama a creación no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) dunha unidade de ictus que evite que se produzan erros en diagnósticos como os que, segundo afirma, ocorren con demasiada frecuencia. O colectivo sen ánimo de lucro destaca que a detección e o tratamento precoz dos accidentes cerebrovasculares é fundamental para reducir a mortalidade e garantir a recuperación dos pacientes. “Coñecemos a bastante xente que foi ao hospital de Lugo por urxencias porque lle doía moito a cabeza, déronlle calmantes, mandárona para a casa, e o que tiña realmente era un aneurisma ou un ictus”, destaca Vanesa Mariño, directora dunha asociación especializada en tratar as secuelas que sofren lucenses afectados por dano cerebral adquirido. Nesa liña, apuntan que o 53% dos usuarios atendidos no 2014 arrastraban lesións derivadas de ictus.

De hai catro ou cinco anos para aquí a situación en Lugo mellorou moito porque se creou un equipo de Neurocirurxía con profesionais moi bos, pero segue faltando unha unidade que coordine“, comenta Mariño. Este tipo de dispostivos, que funcionan en centros como o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), contan con protocolos e sistemas de traballo estructurados para o manexo de ictus, así como das súas complicacións. Tamén con persoal adestrado de enfermería, rehabilitación ou neuroloxía.

Infartos cerebrais confundidos con dores de cabeza

Fontes consultadas por La Voz aseguran coñecer varios casos de lucenses de distintos sexos e idades que se desprazaron ao HULA por causa de fortes dores de cabeza, perda de visión ou alteracións na fala, e que nun primeiro momento foron dados de alta cando o que realmente estaban sufrindo era un infarto cerebrovascular. O ictus é a principal causa de morte entre as mulleres en España, e, como destaca a Asociación de Dano Cerebral Adquirido de Lugo, detectar os seus síntomas é vital para minimizar as secuelas, que abarcan desde o ámbito físico (mobilidade, paraplexía…), ao comunicativo, o cognitivo (memoria…), o sensorial ou o emocional.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s