Da dependencia ao traballo como auxiliar de enfermería

sarquavitae

Información e imaxe extraídas da páxina web de Sarela.

Alexia Varela traballa, polas tardes, na sala de psicoxeriatría da Residencia de maiores Sarquavitae San Lázaro. A súa formación como auxiliar de enfermería capacítaa para repartir merendas e ceas, acompañar ás persoas ao baño, mobilizar o guindastre para as persoas con menor autonomía, cambiar cueiros, hidratar, dar paseos… A única diferenza entre o seu caso e o das demais traballadoras do centro é que Alexia conta cun certificado de discapacidade; ten dano cerebral adquirido.

O seu contrato comezou a finais de decembro do ano pasado. Grazas á mediación das profesionais de Sarela que xestionan o proxecto Construíndo Futuro, Alexia ten un contrato de tres meses que se pode prorrogar e grazas ao que vai incrementar a súa experiencia laboral, de maneira que se facilite o futuro acceso a outro emprego. Este é un dos principais obxectivos de Construíndo Futuro, o programa de Sarela para a xente nova con dano cerebral adqurido.

Marisol Fernández, a coordinadora de Sarquavitae San Lázaro, tomou a decisión de contratar a Alexia por “vontade de darlle unha oportunidade. Sei que as persoas con discapacidade teñen moitas dificultades a maiores para entrar no mercado laboral, por iso queremos facilitarllo”. Alexia, pola súa banda, considera que non ten complicacións engadidas a nivel de desenvolvemento no posto por ter discapacidade, “porque é un traballo que me gusta”. Afirma que “con experiencia e poñendo algo de interese pode ir todo ben”.

A coordinadora de Sarquavitae considera que unha persoa con discapacidade pode beneficiar ás persoas que atende porque ten un coñecemento máis próximo da súa realidade, ao ter pasado por situacións de dependencia. Alexia traballa en igualdade de condicións co resto da plantilla. Marisol Fernández afirma que simplmente se “adapta o posto de traballo e se está pendente da persoa” para garantir o seu benestar no posto. Na residencia tiveron varias experiencias de contratación de persoas con discapacidade, e a través do acordo con Sarela “estamos tratando de darlle unha oportunidade ás persoas que buscan introducirse no mercado laboral”. A contratación de persoas con discapacidade é unha iniciativa local de Sarquavitae en Santiago.

Alexia Varela continúa co que considera que “é o meu traballo”. Aínda que “é algo duro en esforzo físico, pero gústame moito”. “Gústame coidar ás persoas maiores, e pásoo ben con eles. Cóntanme cousas, coñecémonos…”. Resume o sentimento que a move a que lle guste o seu traballo cunha frase que tamén define o espírito do proxecto Construíndo Futuro: “gustaríame que todo o mundo que necesite esta axuda e coidados puidera tela”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s