A actualidade das asociacións está no blog de FEGADACE

Actividade de fisioterapia

A páxina web de FEGADACE recolle toda a actualidade da Federación e as súas actividades, así como as novidades sobre o dano cerebral adquirido e o mundo da discapacidade. Para atopar noticias sobre as asociacións de dano cerebral e sobre o día a día das persoas con DCA en Galicia cómpre achegarse ao blog https://fegadace.wordpress.com/.
Este blog foi creado pola Federación Galega de Dano Cerebral en 2012, e serviu como a súa principal plataforma en internet ata a apertura da páxina web www.fegadace.org. En 2016 FEGADACE decidiu reorientar o uso do blog cara o de escaparate das actividades, terapias, saídas e novidades en xeral das cinco asociacións da Federación.
O espazo de FEGADACE en WordPress recolle tamén entrevistas a profesionais das asociacións e membros das xuntas directivas, fotografías das actividades, e calquera outro testemuño do traballo que ADACECO, ADACE, Alento, Renacer e Sarela realizan día a día coas persoas con dano cerebral.
Envellecer con DCA
Para a prevención da dependencia e do propio dano cerebral adquirido, FEGADACE conta con outro blog denominado Envellecer con DCA. Este espazo inclúe consellos sobre hábitos saudábeis, actividade física e alimentación que serven de utilidade para a prevención do dano cerebral, especialmente da súa principal causa, o ictus. Tamén recolle noticias sobre tratamentos novidosos e innovadores e a súa aplicación na rehabilitación das persoas con DCA.
Envellecer con DCA trata de evitar situacións de dependencia aportando pautas de utilidade para persoas que xa teñen dano cerebral e tamén para aquelas que non teñen discapacidade ningunha.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s