Inicio de ano con novos proxectos para o dano cerebral

O equipo de Alento agradece á Fundación Joaquín Caparrós a colaboración.

O equipo de Alento agradece á Fundación Joaquín Caparrós a colaboración.

As fundacións Repsol e Joaquín Caparrós reservan fondos para iniciativas de ADACECO e Alento.

Co 2016 chegaron ás asociacións de dano cerebral novos proxectos e diferentes fontes de financiamento coas que afrontar as necesidades das entidades membro de FEGADACE. En concreto, a Fundación Repsol e a Fundación Caparrós anunciaron o seu apoio a iniciativas de ADACECO (Asociación de Dano Cerebral da Coruña) e de Alento  (Asociación de Dano Cerebral de Vigo), respectivamente.

ADACECO é unha das oito entidades beneficiarias dos 18.000 euros que a Fundación Repsol decidiu destinar ao “apoio a persoas con discapacidade e en situación de vulnerabilidade do contorno de actuación da refinería” que a empresa ten na Coruña. En concreto, a asociación vai financiar o proxecto ‘Boccia’, a través do que implicará ás persoas con dano cerebral da coruña na práctica desa disciplina deportiva.

Pola súa banda, a Fundación Joaquín Caparrós vai colaborar co programa de Emerxencia Social de Alento a través da iniciativa ‘Goles por la integración’. A fundación, creada por un coñecido adestrador de fútbol, realiza cada xornada de liga de Primeira División unha doazón a unha entidade social ou cultural ubicada nunha localidade con equipo nesa categoría cuxa contía establece en función do reconto de goles dos partidos xogados.

O programa de Emerxencia Social da Asociación de Dano Cerebral de Vigo creouse en 2007 e reserva un 10% das prazas do seu Centro de Día Terapéutico para persoas que se atopan en situación de exclusión social, sen familia e/ou recursos cos que afrontar os gastos derivados da rehabilitación do DCA.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s