Jumping Day a beneficio de Sarela en Caldas

Cartel que anuncia o Jumping Day a beneficio de Sarela.

O domingo 17 de xaneiro o Mercantil de Caldas de Reis acolle unha xornada deportiva solidaria coa Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela baixo o lema de ‘Jumping Day’.

O ‘Jumping Day’ consiste nunha tarde de actividades con tres sesións:

  • 17:00. Exhibición Bodyjump Kids
  • 18:00. Masterclass Bodyjump
  • 19:30. Masterclass Fightteam

As tres actividades están abertas a calquera persoa que se queira achegar. Á entrada de cada actividade recadaranse doazóns que se destinarán integramente a Sarela. Pódese reservar praza nas clases programadas chamando ao 677 707 852.

O deporte é unha prioridade para as asociacións de dano cerebral dentro do seu labor de prevención desta discapacidade, xa que está directamente vinculado cuns hábitos de vida saudábel, fundamentais para mitigar os factores de risco do ictus, que é a principal causa do DCA.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s