Renacer organiza un xantar polo Entroido

Baile de Entroido de Renacer en 2015.

Fotografía do baile de Entroido do ano pasado.

As persoas con dano cerebral de Ourense non deixan pasar a oportunidade de celebrar o Entroido, e por iso organizan, como cada ano, un xantar na súa asociación.

Renacer, a Asociación de Dano Cerebral de Ourense, aproveita a celebración para facer unha actividade de convivencia na que teñen cabida o equipo profesional, as persoas socias, as persoas con dano cerebral, as familias e a xunta directiva. Ademais, a actividade insírese dentro do programa de lecer de Renacer.

O xantar, que irá seguido dunha festa de disfraces, será o venres 5 de febreiro ás dúas da tarde. Para non teren que moverse moito, será na cafetería do Centro Integral de Servicios de Aixiña, onde tamén ten a súa sede a asociación. As persoas que desexen asistir só teñen que chamar a Renacer e notificalo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s