Teatro solidario con ADACECO

Cartel da obra de teatro Spin Off

O grupo de teatro Los Duguis presentou este mes o seu espectáculo Spin Off. Trátase dunha montaxe baseada na interacción co público e na improvisación dos actores e actrices que a protagonizan, que son Marta Iglesias, Marita Martínez, Noemi Miranda e Oswaldo Digon.

A compañía quixo que a recadación das sesións do 18 de febreiro e do 17 de marzo se destine íntegra á Asociación de Dano Cerebral da Coruña (ADACECO), coa que xa teñen colaborado solidariamente en máis ocasións.

O espazo que acolle a representación é o Teatro do Andamio (Rúa Alcalde Suarez Ferrín, 10 – A Coruña). O espectáculo comeza ás 21:30 hh. e as entradas, a cinco euros, pódense adquirir no mesmo teatro.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s