Alento organiza un curso sobre o Concepto Bobath

bobath

O curso, destinado a fisioterapeutas, terapeutas ocupacionais, logopedas e médicos/as, pretende introducir ás persoas participantes nos coñecementos básicos do Concepto Bobath, a través da análise e facilitación da postura e do movemento na normalidade para a súa posterior aplicación nas desviacións en pacientes neurolóxicos.

Descrición

Curso orientado ao tratamento do paciente neurolóxico adulto, impartido por Miguel Benito, instrutor da Asociación Internacional de Instrutores Bobath (IBITA). A realización deste curso habilita para a continuación en España da formación no Concepto Bobath a través do ‘Curso básico no recoñecemento e tratamento de persoas adultas con trastornos neurolóxicos. Concepto Bobath’. De feito, o contido deste curso introduce parte do temario proposto pola IBITA na súa formación oficial.

O docente

Miguel Benito García será o docente do curso de ‘Introdución ao Concepto Bobath no adulto’. No seu Curriculum Vítae destacan, entre outros, os seguintes aspectos:

  • Grado en Fisioterapia. Universidade Complutense de Madrid.
  • Instrutor do Concepto Bobath pola Asociación Internacional de Instrutores Bobath (IBITA). Docente en cursos de posgrao no Concepto Bobath (Curso Básico en valoración e tratamento do adulto con trastornos neurolóxicos e Cursos de Introdución – Movemento Normal).
  • Experiencia profesional centro Lescer. Responsable do departamento de investigación, docencia e formación.
  • Profesor na Universidade Salus Infirmorum (Pontificia de Salamanca).

Obxectivos do curso

  • Coñecer o marco teórico-práctico do razonamento clínico do Concepto Bobath.
  • Aplicar o modelo de razonamento clínico do Concepto Bobath á análise do control postural en bipedestación e sedestación, cambios posturais básicos e actividade funcional do membro superior.
  • Coñecer os aspectos teóricos e prácticos actualizados que determinan os criterios de normalidade na postura e o movemento.
  • Analizar as compoñentes de postura e movemento de actividades funcionais da vida diaria.
  • Distinguir as desviacións da postura e movemento en diversas situacións funcionais.
  • Introducir a técnica de facilitación no Concepto Bobath desde os diferentes puntos chave de control.

Metodoloxía

Contidos teóricos (30%). Exposición maxistral e metodoloxías activas do temario teórico.
Contidos prácticos (70%). Prácticas de análises e facilitación de postura e movemento entre os participantes do grupo (simulación na aula). Traballo en grupos (aprendizaxe cooperativo). Demostración de valoración e tratamento dunha persoa adulta con alteración no sistema nervoso central (método dun caso real).

Realizarase o tratamento dun paciente para aplicar de forma práctica os conceptos utilizados por parte do instrutor.

Contidos

  • Que é o movemento normal? Definición, variabilidade e criterios.
  • Actualización dos principios do Concepto Bobath.
  • Actualidade en control motor.
  • Mecanismo central de control postural.
  • Control postural como base para a postura e o movemento.
  • Análise e facilitación do control postural dinámico en bipedestación e sedestación como requisito para actividades da vida diaria.
  • Análise e facilitación de actividades da vida diaria e os seus compoñentes, tales como o paso de bipedestación a sedestación, alcance, agarre ou manipulación.
  • Demostración de valoración e tratamento dunha persoa adulta con alteración no sistema nervoso central.

Duración

A duración total do curso será de 20 horas, que se distribuirán segundo o seguinte horario:

  • Venres, 29 de abril de 15:00 a 20:00 horas.
  • Sábado, 30 de abril de 9:00 a 14:00 horas e de 15:00 a 20:00 horas.
  • Domingo, 1 de maio de 9:00 a 14:00 horas.

Onde

O curso realizarase nas instalacións da Asociación Alento de Dano Cerebral de Vigo, na rúa Pedra Seixa, s/n.

Inscrición

  • Como inscribirte? Envía ao correo electrónico info@alento.org a ficha de inscrición debidamente cuberta, copia do Título Universitario e DNI.
  • Forma de pagamento: Unha vez que nos teñamos posto en contacto contigo para comunicarche a reserva de praza, dispoñerás de 48 horas para realizar o ingreso do importe do curso (260€) na conta bancaria de ABANCA ES94 2080 5090 1730 4001 6180, indicando no concepto o teu nome e DNI e Curso Bobath Movemento Normal 2016.
  • Prazo de inscrición: aberto desde o 7 de febreiro e ata o 22 de abril de 2016.

Máis información

Para obteres máis información sobre este curso podedes utilizar algún dos seguintes medios:
E-mail: info@alento.org
Teléfono: 986 229 069

*Información extraída da páxina web de Alento.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s