Cea Benéfica de Renacer o 10 de marzo

Imaxe da I Cea Benéfica de Renacer

A Asociación de Dano Cerebral de Ourense, Renacer, organiza a súa I Cea Benéfica e subasta solidaria o vindeiro 10 de marzo. A iniciativa une a diferentes empresas e persoas da cidade cun fin solidario: recadar fondos para as persoas con dano cerebral de Ourense.

A cea será o xoves, 10 de marzo, ás 21:30, no Liceo de Ourense (Rúa Valentín Lamas Carvajal, 5). A entrada, que inclúe cea e colaboración solidaria, custa 40 euros. Pódese adquirir en Renacer, no Liceo de Ourense, ou encargándoa a través de calquera dos seguintes contactos da entidade: 988 225 056 / 664 349 309 / renacer.dca.ourense@gmail.com.

Esta iniciativa é posíbel grazas a varios negocios locais implicados solidariamente, e a diferentes representantes do ámbito da política, da medicina ou do tecido empresarial ourensán, que se unirán aos membros da asociación nesta iniciativa benéfica.

*Máis información na páxina web de Renacer.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s