ADACECO representa ‘Peatones’ en Cambre

Cartel que anuncia a obra de teatro de ADACECO.

O grupo de teatro de ADACECO representará mañá, 24 de febreiro, por primeira vez desde a súa estrea, a obra de teatro ‘Peatones’. A actuación será no Centro Sociocultural O Graxal (Rúa Álvaro Cunqueiro, 4), no Temple (Cambre) ás 20:00 horas. A Asociación de Dano Cerebral da Coruña vai estar acompañada pola presenza solidaria do cómico Oswaldo Digón.

A entrada ao teatro é de balde, aínda que ADACECO contempla que se fagan aportacións solidarias.

‘Peatones’ é unha creación do grupo de teatro de ADACECO -que dirixe Noemí Miranda- ideada para garantir a participación de todas as persoas que o compoñen en función das súas capacidades. A obra foi galardonada pola DGT pola súa mensaxe sobre a seguridade viaria e a prevención dos accidentes de tráfico, que son a segunda causa do dano cerebral.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s