Andaina pola igualdade e polas persoas con DCA de Ourense

Cartel que anuncia a Andaila solidaria con Renacer.

Renacer, a asociación de dano cerebral de Ourense, vai ser a entidade beneficiaria da recadación da V Andaina ‘O Carballiño camiña pola igualdade’, unha convocatoria do Centro de Información ás Mulleres (CIM) do concello ourensán. A inscrición na andaina, que se celebra o domingo 13 de marzo, permanece aberta ata o xoves, día 10. Pódese formalizar contactando co CIM do Carballiño (cim@carballino.org ou 988 531 076).

Equipo profesional, xunta directiva e persoas usuarias de Renacer van participar, en función das súas capacidades, na andaina, ou nunha mesa informativa que se colocará á saída da mesma para informar sobre o dano cerebral adquirido e sobre o labor da asociación. O punto de saída é a Praza Maior do Carballiño ás 10:00 hh.

Esta actividade está incluída dentro do programa do CIM para conmemorar o Día da Muller Traballadora (8 de marzo), que tamén prevé unha mesa coloquio sobre o tema da conciliación o martes 15 de marzo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s