Avances na posta en marcha do centro ocupacional de Sarela

Exterior do centro de Sarela.

Exterior do centro de Sarela en Santiago de Compostela.

O Concello de Santiago acaba de conceder a licenza de primeira ocupación total e o permiso de inicio de actividade do novo centro de Sarela, a Asociación de Dano Cerebral de Compostela. Superado este primeiro trámite administrativo, a entidade poderá continuar co proceso para a posta en marcha da totalidade do novo centro dado que ata este momento só tiña unha licenza parcial para o centro de día, autorizado para 40 prazas.

Isto supón poñer en uso o primeiro andar do edificio no que se situará o centro ocupacional. Este é un servizo para persoas cun maior grado de autonomía e nel poderanse realizar desde actividades formativas ata de orientación para a súa inclusión laboral. O centro ocupacional de Sarela está pensado para traballar con 30 persoas usuarias. Cos permisos acadados tamén se poderá poñer en uso a piscina da que está dotada o centro e a zona de administración.

*Información e imaxe extraídas da páxina web de Sarela.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s