Lecer e prevención do DCA en Ourense

Persoas usuarias de Renacer nas Xornadas Interxeneracionais de Ourense.

Grupo de Renacer nas XIII Xornadas Interxeneracionais de Ourense.

Renacer participa, hoxe e mañá, na XIII Feira Municipal da Saúde de Ourense. Esta feira, organizada polo Concello ourensán, serve de punto de encontro de diferentes asociacións de pacientes e de persoas con discapacidade, que aproveitan para informar sobre cadansúa problemática e sensibilizar para a prevención e a promoción de hábitos saudábeis.

A Asociación de Dano Cerebral de Ourense leva varios anos colocando un stand na Feira, onde profesionais, membros da Xunta Directiva, persoas usuarias e familiares informan sobre os recursos e actividades da entidade. Tratan, ademais, de captar novos socios e socias, ou persoas voluntarias para traballar coas persoas con DCA de Ourense.

A feira está ubicada na Alameda do Concello, na Avenida de Pontevedra. Permanecerá aberta o 12 e 13 de abril en horario de 11:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:30.

Actividades de lecer

Abril é un mes cheo de actividades para as persoas con dano cerebral de Ourense. O programa de lecer de Renacer ten previsto realizar dúas saídas culturais:

  • Mostra internacional de teatro universitario (MITEU). Como cada ano, Renacer vai asistir a unha representación no Teatro Principal de Ourense. Será o día 20 de abril. O espectáculo titúlase De polvo y agua e está representado por Teatro del Dónde. A MITEU está organizada pola Universidade coa colaboración do Concello e da Xunta, e serve para potenciar o intercambio entre os grupos de teatro universitarios e profesionais de Galicia e de fóra.
  • Visita guiada ao Museo Municipal de Ourense. O programa de lecer e cultura continúa o 27 de abril cunha visita guiada por persoal do propio museo. Persoas usuarias e profesionais estarán alí desde as 18:00.

XIII Xornadas Interxeneracionais

Renacer organizou a primeira das súas actividades de lecer de abril o día 7, cando unha delegación da entidade participou nas XIII Xornadas Interxeneracionais da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense. Estas xornadas serven para favorecer a interacción de diferentes colectivos grazas á mediación das persoas organizadoras. O programa das Xornadas finalizou cunha merenda conxunta.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s