Charla sobre alimentación equilibrada en ADACECO

Cartel da charla sobre alimentación equilibrada de ADACECO.

‘Somos o que comemos?’ é o título da charla sobre alimentación equilibrada que organiza na súa sede a Asociación de Dano Cerebral da Coruña (ADACECO). Aínda que a charla vai ter lugar o venres 22 de abril ás 16:00, cómpre inscribirse antes do día 20, xa que está previsto que teña un máximo de 25 participantes. Para formalizar a inscrición pódese avisar na recepción de ADACECO ou chamar ao teléfono da entidade (981 240 899). A participación é de balde.

Esta charla está dirixida, sobre todo, a familiares de persoas con dano cerebral adquirido. Ten como obxectivo “empezar polo principio” na atención ao DCA, é dicir, insistir na posibilidade de prevención do dano cerebral a través duns hábitos de vida saudábeis.

‘Somos o que comemos?’ vai estar impartida polo fisioterapeuta de ADACECO, Carlos López, que vai dar consellos sobre alimentación, especialmente centrados na dieta mediterránea, e tamén sobre a práctica de deporte.

A principal causa do dano cerebral adquirido é o ictus. Esta doenza conta con diferentes factores de risco. Sobre algúns deles non se pode intervir; por exemplo, a idade. Pero outros pódense reducir, como a obesidade ou o sedentarismo. Na charla vanse dar consellos e pautas para levar uns hábitos de vida saudábeis, especialmente a nivel alimentario, que axuden a reducir o risco de ictus.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s