Merendas e visitas guiadas con Renacer

As persoas usuarias de Renacer, nunha terraza de Ourense.

As persoas usuarias de Renacer, a Asociación de Dano Cerebral de Ourense, teñen unha apretada axenda de saídas de lecer pola súa cidade ao longo do mes de maio.

Comezan na tarde de mañá, 4 de maio, visitando o concurso de primavera ‘Cañas e tapas’. Esta actividade ten unha gran demanda entre as persoas usuarias da asociación, que o equipo profesional aproveita para promover a súa socialización e o goce do tempo libre. A quedada é ás seis da tarde, e o plan ir visitando os diferentes bares do casco vello de Ourense que participan no concurso.

A seguinte cita, aproveitando o bo tempo, é unha saída ás termas de Outariz para merendar xuntos no parque. Esta quedada tamén está incluída dentro do programa de ocio de Renacer, que aproveita o bo tempo para facer actividades ao aire libre. Será o día 11 de maio ás 18:00.

E, como non todas as saídas van ser gastronómicas, para o 18 de maio a temática será diferente: Renacer vai participar nunha visita guiada polo Concello de Ourense. O persoal da institución guiará aos e ás visitantes polo edificio para rematar cunha quedada co alcalde, a quen terán a oportunidade de facerlle todas as preguntas que desexen.

Renacer traballa tamén na organización do que será o terceiro PicnicArt. Aínda que xa ten data (o 21 de maio) o cartel está sen pechar. En breve poderase ampliar esta información.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s