ADACECO lanza un boletín informativo

Anaco da portada do boletín de ADACECO.

De periodicidade trimestral e oito páxinas: así é o recén estreado Boletín de ADACECO, a Asociación de Dano Cerebral da Coruña. Publicada en abril, a revista da asociación informa das actividades de ADACECO no que vai de 2016 e explica a estrutura de seccións e colaboracións. O obxectivo desde boletín é reforzar a comunicación coas persoas socias da entidade e facer visíbel o traballo que alí se realiza.

Ao longo das oito páxinas de boletín hai noticias sobre o dano cerebral adquirido, curiosidades sobre o cerebro e a discapacidade, e información das actividades de ADACECO. Ademais, a revista reserva espazos para as persoas usuarias, as familias, o equipo profesional e o voluntariado. Un membro de cada un deses colectivos protagonizará unha páxina en cada boletín.

Cada boletín de ADACECO vai ser temático. O primeiro exemplar está dedicado á xente nova e o ictus. Así, as noticias informan de que a incidencia desta doenza increméntase na mocidade e aportan pautas para previlo. No apartado de profesionais, publican unha entrevista a Marta Barbeito, responsábel do servizo de orientación e información de ADACECO. O ‘Rincón do familiar’ recolle o caso dunha persoa que prefire manter o anonimato pero desexa, igualmente, compartir a súa experiencia. O espazo para o usuario consiste nunha entrevista a Poli, que tivo un ictus e leva dous anos na asociación. O boletín péchase cun montón de fotografías das actividades de ADACECO.

Descarga aquí o Boletín ADACECO nº 1 (primeiro trimestre de 2016).

Outros boletíns

ADACECO non é a única asociación de dano cerebral que conta cun boletín informativo. Sarela, a asociación de Compostela, edita cada ano dous exemplares de ‘Facendo Camiño’, unha revista da que tamén hai versión dixital.

Ademais, FEGADACE edita quincenalmente o boletín dixital ‘Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia’. Subscribirse só require un enderezo de correo electrónico. Pódese facer pinchando aquí.

Advertisements

One response to “ADACECO lanza un boletín informativo

  1. Pingback: Os traumatismos centran o boletín de ADACECO | FEGADACE·

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s