ADACECO celebra o San Xoán

Cartel da festa de San Xoan de ADACECO.

A Asociación de Dano Cerebral da Coruña toma tan en serio a festa de San Xoán que pecha as súas portas o día 16 de xuño para ir celebralo á explanada das Xubias. As actividades programadas ocupan case todo o día e están protagonizadas polo tradicional xantar de San Xoán de ADACECO.

Para asistir cómpre reservar entrada avisando na recepción da asociación. O programa comeza, de 12:00 a 13:30, coa entrada e recepción de participantes no II Concurso Gastronómico. O concurso é aberto e conta con tres categorías: Mellor Empanada Caseira, Mellor Tortilla Caseira e Mellor Repostería. Ao mesmo tempo haberá tamén xogos populares.

O xantar comeza ás 14:00 e serviranse xurelos, bebidas e pan. Pódese colaborar con calquera aportación; non hai un prezo establecido.

Unha vez estean todos os produtos catados, ás 16:00, farase a entrega de premios do Concurso Gastronómico. Os galardóns están elaborados polas persoas usuarias do centro de día de ADACECO.

Para pechar a xornada, ás 16:30 haberá unha actuación musical a cargo do grupo de pandereiteiras Os Pantoxos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s