Calendario anual de actividades de ADACECO

Calendario de actividades de ADACECO.

A Asociación de Dano Cerebral da Coruña, ADACECO, publicou un calendario con toda a súa planificación anual de actividades. Inclúe as citas emblemáticas da asociación, como a sardiñada ou a gala solidaria, e algunhas novas, como o Torneo de Golf.

A próxima actividade de relevancia é o Foro de Familias de Persoas con DCA, que por primeira vez sae de Santiago para celebrarse na Coruña. Aínda que o organiza FEGADACE, ADACECO estivo especialmente implicada na preparación deste encontro, datado para o 2 de xullo.

A continuación vai a Gala Solidaria, na que van estrear a última obra do grupo de teatro da asociación, desvelando, por fin, quen é Félix. A gala vai ser no centro Ágora o vindeiro 21 de xullo.

Tamén anuncian xa a semana de actividades polo Día do Dano Cerebral e o Día do Ictus, que este ano vai ocupar do 24 ao 30 de outubro. Máis adiante darán os detalles do mercadiño, mesas informativas, xornada deportiva, e outras citas.

O calendario de ADACECO recolle tamén información sobre o magosto e o xantar de Nadal, e apunta unha cita aínda sen data: o II Torneo de Golf. Hai que estar pendentes da súa páxina web, Facebook e Twitter para informarse.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s