ADACECO e Alento no móbil e na tablet

As webs de ADACECO a Alento no móbil.

As asociacións de dano cerebral da Coruña e Vigo estrean as versións adaptadas das súas páxinas web.

A versión responsive das webs de ADACECO e Alento vai permitir a todas as persoas que accedan a elas ter unha navegación satisfactoria tanto desde o móbil como desde a tablet.

Ambas asociacións de dano cerebral realizaron un importante esforzo por avanzar no desenvolvemento das súas webs. Traballaron na definición de novos contidos, de informacións de interese sobre o dano cerebral, o ictus, ou o traballo que realizan as súas entidades con esta realidade.

A consecuencia é un paso máis na evolución de cadansúa páxina web, presentando a versión responsive das mesmas. É un paso importante, pois, cada vez máis, navegamos por internet a través do móbil ou a tablet, polo que é fundamental que a web este adaptada a estes dispositivos.

Este traballo de adaptación non sería posible sen a colaboración da Fundación Barrié e de Edisa, que se uniron para crear o Proxecto Más Social Conecta, a través do cal 24 ONG’s galegas, entre as que se atopan ADACECO e Alento, desenvolveron as súas páxinas web.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s