Renacer viaxa a Sanxenxo

Membros de Renacer no respiro en Sanxenxo.

As vacacións de verán xa case comezaron para Renacer, a Asociación de Dano Cerebral de Ourense, que a semana pasada estivo dous días de respiro en Sanxenxo.

A actividade comezou a primeira hora da mañá do martes, 5 de xullo, cando deixaron Ourense. A finalidade do respiro familiar é o descanso das persoas coidadoras, pero tamén forma parte do programa de lecer do que se benefician usuarios e usuarias de Renacer. Estas pequenas vacacións serven para promover a interrelación e favorecer a inclusión das persoas con dano cerebral, que aproveitaron ao máximo dous días de praia e chiringuito en Sanxenxo. O grupo de Renacer retornou á súa cidade á tardiña do mércores 6.

Renacer beneficiouse para acudir á vila costeira dun convenio de colaboración coa Asociación Aixiña, que é propietaria das vivendas adaptadas na que se aloxaron as persoas usuarias da entidade.

A Asociación de Dano Cerebral de Ourense organiza todos os anos un respiro familiar, ademais de asistir aos que lle facilita FEGADACE.

As persoas usuarias de Renacer toman algo durante o respiro.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s