Vigo acolleu a I Carreira Ponle Freno a favor de Alento

Participantes de Alento na carreira Ponle Freno.

A 1ª Carreira Ponle Freno, organizada por Atresmedia, celebrouse en Vigo o pasado 19 de xuño. A recadación da Carreira destinouse á posta en funcionamento dunha Piscina Terapéutica para persoas con Dano Cerebral nas instalacións de Alento en Vigo.

O pasado 19 de xuño celebrouse a 1ª Carreira Ponle Freno en Vigo. Esta iniciativa de Atresmedia celébrase periodicamente en diferentes cidades de España, co obxectivo de sensibilizar á sociedade sobre a importancia da educación viaria e contribuír ao obxectivo de Cero Vítimas no Ano 2020.

Pontevedra é a provincia galega con máis sinistros e unha das de maior porcentaxe de sinistralidade de España, segundo informe da Dirección Xeral de Tráfico (Anuario Estatístico de Accidentes DGT 2014) e é por iso que Atresmedia considerou importante traer esta iniciativa a Vigo.

A carreira contou con dous percorridos, un de 5 quilómetros e outro de 10 quilómetros, que percorreron as principais rúas do centro de Vigo.

Diferentes deportistas e profesionais de Atresmedia quixeron estar presentes na I Carreira Solidaria Ponle Freno en Vigo. Entre eles o maratonista Martín Fiz, Premio Prícipe de Asturias dos Deportes, o atleta vigués Javier Álvarez Salgado, deportista internacional en 43 ocasións e corredor de longa distancia, que competiu nos Xogos Olímpicos de México 1968 e nos de Munich 1972, ou o presentador de Antena 3 Deportes, Manu Sánchez, que se encargou de dar a saída do evento.

A I Carreira Ponle Freno de Vigo tiña ademais un fin solidario, xa que a recadación das inscricións na Carreira, destináronse a apoiar a posta en funcionamento da Piscina Terapéutica de Alento nas súas instalacións de Vigo. Con este proxecto Alento aposta por completar os servizos e tratamentos que presta no seu centro de Vigo para as persoas con dano cerebral.

A carreira foi un éxito de participación, contando con case 1.000 persoas inscritas, que decidiron apoiar o proxecto que Alento desenvolve en Vigo con persoas con Dano Cerebral. Entre os participantes atopábanse deportistas habituais neste tipo de probas; persoas usuarias, familiares, amigos/as e colaboradores/as de Alento, e cidadáns sensibilizados co tema que non dubidaron en prestar o seu apoio a esta iniciativa solidaria.

Desde Alento manifestan: “esperamos que esta sexa a primeira doutras moitas edicións en Vigo”.

Corredoras de Alento na carreira Ponle Freno.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s