Os traumatismos centran o boletín de ADACECO

Captura da portada do boletín de ADACECO.

A Asociación de Dano Cerebral da Coruña, ADACECO, editou en agosto o segundo número do ano do seu boletín. Está dedicado de maneira monográfica aos traumatismos cranioencefálicos, que son a segunda causa do dano cerebral adquirido.

Os accidentes de tráfico ocupan unha parte moi importante da revista, de nove páxinas, por seren a primeira causa de traumatismos que, á súa vez, desembocan nun DCA. O boletín detalla tamén os tipos de traumatismos e informa da concesión do IV Premio FEGADACE á Dirección Xeral de Tráfico.

Nas seccións habituais pódese atopar unha entrevista a Lola Vinagre, neuropsicóloga de ADACECO, e outra a Óscar Abelleira, usuario da entidade que conta a súa experiencia co DCA tras un accidente de tráfico.

No referente á actualidade, a revista publica cunha serie de fotografías das diferentes actividades externas e excursións realizadas pola asociación, unha breve crónica da charla que a Federación de Persoas Xordas deu en ADACECO, e toda a información sobre a doazón realizada polo grupo de teatro Los Duguis Impro.

Para pechar o boletín, algo de lecer: un crucigrama e unha receita de cociña.

O boletín de ADACECO comezou a publicarse este ano, ten unha periodicidade cuadrimestral e pode descargarse aquí: Boletín ADACECO Nº2.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s