Torneo solidario con ADACECO

Cartel I Torneo Solidario Abanca

A Obra Social de Abanca organiza este sábado na Coruña o seu I Torneo Solidario, no que se van recadar fondos para Entreculturas e para a Asociación de Dano Cerebral da Coruña (ADACECO).

O torneo solidario vai ter lugar na Cidade deportiva de Abegondo este sábado, 24 de setembro, entre as 9:30 e as 14:30. A entrada solidaria ten un prezo de 5 euros. Se non se pode asistir, tamén cabe a posibilidade de facer unha doazón ingresando a cantidade que se queira no número de conta ES80 2080 7208 3385 3000 7122. Desde a organización anuncian sorpresas e agasallos.

ADACECO anunciou que as doazóns que reciban van ir destinadas á adquisición dunha nova padiola de rehabilitación para mellorar as terapias para as persoas con dano cerebral adquirido.

Ademais, a asociación xa ten a disposición de todas as persoas interesadas o número 02610 de Lotaría de Nadal.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s