Préstamo de bicicletas infantís adaptadas

Bicicleta adaptada

Despois duns meses sen funcionar, Sarela reactivou o servizo depréstamo das dúas bicicletas infantís adaptadas que ten a asociación. Nun principio, este servizo será para as persoas socias e o método de préstamo é moi sinxelo.

Estes triciclos son moi adaptables e os seus múltiples axustes permiten acadar con facilidade unha posición cómoda de pedaleo. Teñen todas as medidas de seguridade en canto a suxeicións e tamén teñen unha barra posterior para que outra persoa axude no desprazamento da mesma.

Para acceder ás bicis só é necesario cubrir o documento de solicitude e aboar o canon de cinco euros. As bicicletas asignaranse por orde de petición e terán prioridade as solicitudes novas, de persoas que non utilizaran as bicicletas nas tres semanas anteriores.

Sarela dispón das bicicletas grazas a un programa de actividades físico-deportivas para menores con DCA desenvolvido no seu día conxuntamente con FEDACE e a Fundación Inocente, Inocente.

Aquí hai un vídeo sobre o uso das bicicletas.

*Información e imaxe extraídas da páxina web de Sarela.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s