ADACECO participa nunha charla na Fundación Barrié

Cartel co anuncio da charla de ADACECO.

A Asociación de Dano Cerebral da Coruña, ADACECO, participa o vindeiro luns, 28 de novembro, nunha charla informativa sobre o dano cerebral adquirido coorganizada coa Xerencia do Sergas na área sanitaria e coa Fundación Barrié. De feito, a conversa vai ter lugar no Auditorio desta fundación a partir das 19:30 hh.

Na charla interveñen tres perfís profesionais diferentes: a neuróloga do CHUAC Carmen Lema, a enfermeira do mesmo hospital Chelo Rama, e a Terapeuta Ocupacional de ADACECO, Inés Cortés.

ADACECO convida a todas as persoas interesadas a asistir e aproveitar para resorver dúbidas sobre esta discapacidade e as súas causas.

Deixar un comentario