ADACECO asina un convenio de colaboración coa Cruz Vermella

Dous intres da sinatura do convenio.

Dous intres da sinatura do convenio.

Información extraída da páxina web de ADACECO.

Trala sinatura deste convenio de colaboración as persoas que dispoñan do carné de socio/a de ADACECO poderán gozar dunhas condicións especiais para o acceso ao servizo particular de Teleasistencia Domiciliaria da Cruz Vermella.

É un servizo de prevención que comunica á persoa usuaria cunha central da Cruz Vermella, e que ofrece unha resposta inmediata en situacións de emerxencia, as 24 horas do día e os 365 días do ano. Proporciona seguridade para a persoa usuaria e tranquiliadade para a súa familia sabendo que terá unha atención inmediata.

Instálase no domicilio da persoa usuaria un terminal, conectado coa liña telefónica. O equipo compleméntase cun pulsador remoto en forma de colgante ou pulseira que a persoa usuaria debe levar posto mentres está no seu domicilio, mesmo no baño ou na ducha.

As solicitudes serán canalizadas desde o servizo de Traballo Social de ADACECO.

Deixar un comentario