Proxecto para facilitar a comunicación das persoas con dano cerebral

Un usuario de Sarela practica no emprego da tablet.

Un usuario de Sarela practica no emprego da tablet.

A Federación Galega de Dano Cerebral está a traballar, grazas ao apoio da Fundación La Caixa, nun proxecto para mellorar a capacidade comunicativa das persoas con dano cerebral adquirido. O proxecto, denominado ‘Comunícate CONTICs, sen complexos’, está concibido para poñer ao servizo das persoas con DCA as ferramentas necesarias para comunicarse co seu contorno, reforzar as súas capacidades e potenciar a súa autonomía persoal.

‘Comunícate CONTICs, sen complexos’ naceu en setembro, en virtude dun acordo asinado por FEGADACE coa Fundación La Caixa. Trala adquisición do hardware necesario para a potenciación das habilidades comunicativas das persoas con dano cerebral, FEGADACE organiza este mes catro cursos destinados ao persoal técnico que, despois, formará ás persoas destinatarias do proxecto.

Os cursos comezan este venres en Lugo. Vanse desenvolver nas instalacións de ADACE os días 10 e 17 de xaneiro, e nas de Alento, en Vigo, os días 24 e 31 do mesmo mes. Están dirixidos a familiares, voluntariado, e ao persoal técnico, especialmente de logopedia, das cinco asociacións integradas na Federación Galega de Dano Cerebral (ademais das mencionadas, ADACECO, Renacer e Sarela).

Está previsto que participen en ‘Comunícate CONTICs, sen complexos’ 25 persoas con dano cerebral de entre 19 e 45 anos, usuarias das diferentes asociacións integradas en FEGADACE. Aprenderán a manexar software e hardware (nomeadamente, tablets) adaptado ás súas necesidades comunicativas, potenciando as súas capacidades neste ámbito.

A continuación pódese consultar o folleto que resume o programa:

O pase de diapositivas require JavaScript.

Deixar un comentario