ADACECO vai á praia o 14 de agosto

Capela de Santo Andrés de Teixido.

Capela de Santo Andrés de Teixido.

A Asociación de Dano Cerebral da Coruña, ADACECO, organiza a semana que vén unha saída á praia. Será o mércores, día 14 de agosto, durante toda a xornada. O prazo de inscrición para esta excursión remata este xoves, día 8.

A excursión sae ás 9:30 da sede de ADACECO. Está previsto ir á praia en Valdoviño e visitar o santuario e as magníficas vistas de Santo Andrés de Teixido. O retorno será polas 20:00 hh.

O prezo da excursión é de 35 euros por persoa, e inclúe o transporte e o xantar.

Para reservar ou resolver dúbidas podedes chamar ao 981 240 899, escribir a adaceco@adaceco.org, ou achegarvos á sede da asociación.

Deixar un comentario