Esta fin de semana imos de respiro familiar

Exterior dun dos bungalows de El Bosque de los Sueños.

Exterior dun dos bungalows de El Bosque de los Sueños.

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) organiza esta fin de semana unha actividade de respiro familiar na que participan tres das asociacións federadas. Persoas usuarias de ADACECO, Adace-Lugo e Sarela estarán de viaxe, acompañadas de persoal técnico e voluntariado, do 6 ao 8 de xuño.

Esta actividade está concibida para favorecer o descanso das familias das persoas con dano cerebral, especialmente das máis implicadas na súa atención e das coidadoras principais. Grazas ao traballo do voluntariado e do persoal técnico, as persoas asistentes ao respiro gozarán tamén dunha fin de semana fóra da casa, nunha viaxe que inclúe varias actividades e visitas.

O destino do respiro é o albergue El Bosque de los Sueños, ubicado en Cubillos del Sil, no Bierzo, que conta cunhas instalacións completamente adaptadas. A viaxe inclúe actividades no albergue e a visita á cidade de Ponferrada. A excursión parte mañá venres despois de xantar, e volve o domingo pola tarde. Os membros de Sarela (que van desde Santiago) e os de ADACECO (que se desprazan desde a Coruña) uniranse ás persoas de Adace en Lugo para seguiren xuntos o camiño ata El Bosque de los Sueños.

1 responses to “Esta fin de semana imos de respiro familiar

  1. Pingback: Fin de semana de viaxe no Bierzo | FEGADACE·

Deixar un comentario